• info@silocompany.com
HEADER

Temos o pracer de presentar a xornada de traballo “Oportunidades de colaboración UDC – Empresa en H2020 e outros programas internacionais de I+D ”, un evento que se celebrará o luns 5 de novembro de 2018 dende as 09.45 no "Salón de Actos do Edificio de Servizos Centrais de Investigación (ESCI), Campus de Elviña, A Coruña".

ORGANIZACIÓN

É un evento organizado pola Universidade da Coruña e coa colaboración do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

Logos

 

Formulario de rexistro

Agardamos contar coa súa presenza nesta xornada de traballo. Dado que o aforo é limitado, pregámoslle que confirme a súa asistencia por medio do seguinte formulario.

 

Por favor, teña presente que as reunións individuais a desenvolver na sesión de tarde teñen un número limitado, e serán asignadas por orde de recepción das solicitudes.

 

Unha vez tramitada a súa inscrición, recibirá un correo confirmando a súa praza e, de ser o caso, a asignación dun espazo para reunión individual.

 





Nome (obligatorio)

Entidade (obligatorio)

Email (obligatorio)

¿Está interesado en participar nunha reunión invidual?
 si non

¿Está interesado en participar no xantar?
 si non

PROXECTOS INTERNACIONAIS

O interese por parte dos diversos actores no ecosistema de I+D+i polas oportunidades de financiamento a nivel internacional viuse reforzado nos últimos anos, debido ao incremento da competitividade no contexto dos esquemas de financiamento para este tipo de proxectos a nivel estatal e autonómico, á evolución dos tipos e intensidades de axuda máximos nos esquemas de financiamento, e a un mellor coñecemento dos programas de apoio á I+D+ i a nivel internacional, en particular a nivel europeo.
As estatísticas confirman este aumento de interese, con melloras significativas na participación nunha gran variedade de programas e temáticas. En particular, é destacable a tendencia favorable en canto a participación e os resultados obtidos durante os primeiros anos de execución do Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea (Horizonte 2020), que concentra unha porcentaxe moi importante da inversión total en I+D+ia nivel europeo.
Así, segundo datos proporcionados polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) en xullo de 2018, os resultados obtidos entre 2014 e 2017 sitúan a España como o 3er país comunitario en número de participacións, con máis de 2.400 entidades españolas, e coma o 4º en recepción de fondos, obtendo máis de 2.800 millóns de euros, dos cales case un 40% corresponde á participación de empresas privadas.

XORNADA DE TRABALLO

A Universidade da Coruña contempla como obxectivo no seu Plan Estratéxico UDC 2020 o incremento da colaboración coas empresas do entorno e o fomento da transferencia de coñecemento.
O FP H2020 é unha das maiores fontes de financiamento competitivo existentes a nivel internacional. Asemade, este Programa e o resto de convocatorias internacionais supoñen un marco ideal para a colaboración entre universidades e o sector privado, ao obxecto de acadar a excelencia, innovar, gañar en competitividade, internacionalizar e obter financiamento para os seus proxectos.
Coa presente xornada de traballo pretendemos detectar oportunidades e crear un espazo para o encontro do que podan agromar consorcios, propostas e proxectos colaborativos na área xeográfica de influencia da UDC, achegando coñecemento e contribuíndo ao desenvolvemento económico da sociedade.

 

A primeira parte da xornada cubrirá as características e oportunidades de financiamento para proxectos con colaboracións entre Universidade e Empresa presentes nos principais esquemas de financiamento do Programa Horizonte 2020, así como en outros programas afíns con especial interese para empresa privadas.

 

A segunda parte da xornada inclúe a posibilidade de manter reunións persoalizadas cun consultor da empresa que colabora coa UDC no desenvolvemento da actividade e cun técnico da Oficina de Transferencia da UDC, para avaliar máis polo miúdo iniciativas concretas que poidan ser dirixidas a algunha das oportunidades da financiamento presentadas.

RELATORES

D. Salvador Naya
D. Salvador Naya
Vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC

D. José Mahía
D. José Mahía
Director Científico-Técnico da OTRI UDC

D. Xosé Manuel García
D. Xosé Manuel García
Técnico da OTRI UDC

Por parte de SILO

Dna. Paula Certuche
Dna. Paula Certuche
Consultora Senior da Unidade de Financiamento de SILO

D. Octavio Pernas
D. Octavio Pernas
experto avaliador para a Comisión Europea no programa H2020 e Xerente da Unidade de Financiamento de SILO

Axenda e lugar

O evento terá lugar o vindeiro luns 5 de novembro 2018 no "Salón de Actos do Edificio de Servizos Centrais de Investigación (ESCI), Campus de Elviña, A Coruña".

Sesión 1: Exposición de oportunidades de colaboración UDC - Empresa

09:45 - 10:00 >> Rexistro de participantes.

 
10.00 – 10:15 >> Presentación da xornada.

D. Salvador Naya, Vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC. e D. José Mahía, Director Científico-Técnico da OTRI UDC.
 
10:15 - 10:30 >>Unha colaboración necesaria: O apoio da OTRI.

D. Xosé Manuel García, Técnico da OTRI UDC.
 
10:30 - 11:45 >> Bloque I – Oportunidades de colaboración Universidade-Empresa: Accións colaborativas Marie Sklodowska-Curie (MSCA) do Programa H2020, Instrumento PEME do Programa H2020

Dna. Paula Certuche, Consultora Senior, Unidade de Financiamento de SILO.
 
11:45 - 12.00 >> Pausa para el café

 
12:00 - 13:15 >> Bloque II – Oportunidades de colaboración Universidade – Empresa: Proxectos colaborativos dos Piares 2 e 3 do Programa H2020, Proxectos do tipo Fast Track to Innovation do Programa H2020, Outros programas de interese: ERANET, Eurostars.

D. Octavio Pernas Sueiras, Xerente Unidade de Financiamento de SILO
 
13:15-14:00 >> Perspectivas e actores para os novos programas de financiamento europeos.

D. Octavio Pernas Sueiras, Xerente Unidade de Financiamento de SILO
14:00 - 14:30h >> Preguntas.
14:30 >> Peche da sesión. Ofreceráse un xantar de pé no hall do Edificio para os asistentes.

Sesión 2: Reunións individuais con asistentes para a avaliación de ideas e oportunidades

15:30 Comezo da Sesión 2, en diferentes salas da ESCI.

Inscricións

Agardamos contar coa súa presenza nesta xornada de traballo. Dado que o aforo é limitado, pregámoslle que confirme a súa asistencia por medio do seguinte formulario.

Por favor, teña presente que as reunións individuais a desenvolver na sesión de tarde teñen un número limitado, e serán asignadas por orde de recepción das solicitudes.

Unha vez tramitada a súa inscrición, recibirá un correo confirmando a súa praza e, de ser o caso, a asignación dun espazo para reunión individual.

Formulario de rexistro





Nome (obligatorio)

Entidade (obligatorio)

Email (obligatorio)

¿Está interesado en participar nunha reunión invidual?
 si non

¿Está interesado en participar no xantar?
 si non